Author ArchiveMilesios

ByMilesios

Vota a Milesios para Ortigueira!

Milesios pode ser un dos tres grupos seleccionados para participar no festival de ortigueira deste ano dentro do proxecto Runas. De momento, o grupo foi seleccionado con outros dez grupos para a segunda fase de selección, na que interveñen os internautas cos seus votos. Por iso vos pedimos que accedades á páxina Runas 2011 e votedes polo noso grupo. A votación limita a túa IP durante un tempo indefinido, pero non permanentemente, e está aberta ata o 23 de maio ás 18:00. É DICIR: PÓDESE VOTAR TODOS OS DÍAS ATA ESA DATA ;). Os votos dos internautas supoñen un voto nun xurado de 5 membros composto por músicos, técnicos e axentes musicais. Moitas grazas polo voso apoio! PODES VOTAR NO SEGUINTE ENDEREZO: http://ir.gl/fd8ab7

ByMilesios

Días de gravación

A pasada semana, Milesios pechouse no local de ensaio con moitos ánimos e certos víveres para gravar cinco temas para unha maqueta. Despois de moitas horas de duro traballo, e isto non é nengunha metáfora, conseguimos facer algo audible.  Nos próximos días será enviada a un estudo profesional para a mestura e masterización, pero para que vos vaiades facendo unha idea do que pode ser, ofrecémosvos a posibilidade de escoitar uns segundos da peza de composición propia Flooktuacións. Agardamos que vos guste. Non dubidedes en deixar comentarios sobre o que escoitades!

ByMilesios

Bartolo’s Copperplate no Clavi

Unha das pezas que acompañan a Milesios desde os inicios é esta Muiñeira de Bartolo, tradicional da zona do Eo-Navia, seguida dun reel irlandés que leva por título The Old Copperplate. No vídeo podemos ver a interpretación desta peza no club Clavicémbalo de Lugo o pasado 7 de abril.

ByMilesios

Grazas a tod@s

Moitas grazas a tod@s @s que acudistes á nosa primeira cita na cidade de Lugo. Grazas a AENDA, ao Clavicémbalo e grazas especialmente a Ezequiel, que realizou un magnífico traballo técnico. Agardamos vermonos axiña.

ByMilesios

Clavicémbalo

Despois duns meses de preparación de novo repertorio, que inclúe varias composicións dos gaiteiros do grupo, Milesios volve a presentarse en directo. Nesta ocasión, da man da Asociación estudiantil de natureza e defensa animal e no club Clavicémbalo de Lugo. A actuación terá lugar a partir das once da noite o xoves día 7 de abril. E acompañarannos nesta festa os amigos de Tierra de cinco minutos. A entrada é gratis. Vémonos alí.

ByMilesios

O espazo do gaiteiro

espazo do gaiteiroO noso amigo e veciño M. Lorenzo, gaiteiro chairego, acaba de comezar un blog persoal que pretende favorecer a comunicación entre os músicos de Galiza para conseguir un intercambio de pezas e coñecementos que contribúa á difusión da cultura musical da nosa terra. Milesios queremos contribuír a esta difusión con esta anotación no noso blog e coa inauguración da nosa lista de ligazóns. Boa sorte na tarefa, compañeiro!

ByMilesios

Reels no Marrucho

Aquí tedes unha pequena mostra da nosa actuación no mítico Marrucho de Baiona:

ByMilesios

Grazas, Baiona!

Grazas a todo o público de Baiona, Sabarís e arredores, así como a aqueles que se desprazaron de lonxe para vernos no Marrucho, emblemática sala de música en directo. Sempre é agradable tocar en público e máis cando o público enche o local e disfruta do concerto.

ByMilesios

Vémonos o venres no Marrucho!

O próximo venres 22, ás 11 da noite, Milesios actúa na sala Marrucho de Baiona. A entrada custa só 2 € e será a primeira actuación de Milesios no Val Miñor. Ata o venres!

ByMilesios

Mazurca e polca

No repertorio interpretado por Milesios o pasado 24 de setembro na Farándula, estaban estas dúas pezas tradicionais. Agardamos que vos gusten tanto como ao público presente no evento.