Blog

ByMilesios

Milesios lanza o seu primeiro disco

O grupo de música celta Milesios acaba de publicar o seu primeiro disco, titulado Alén mar. Fiel á súa traxectoria, o disco contén obras tradicionais e obras compostas polo grupo. A peza que dá nome ao disco, Alén mar, é unha das primeiras composicións do grupo e fai referencia á viaxe que os Milesios fixeron hai miles de anos desde as costas de Galiza cara Irlanda. Neste primeiro traballo, o grupo introduce por primeira vez a voz en dúas das catorce pezas que compoñen o disco. Unha das pezas cantadas constitúe a versión musical dun poema de Darío Xohán Cabana e, para a súa interpretación, Milesios conta coa colaboración especial de Pilocha Martínez. A outra peza cantada é un tema tradicional no que Carolina Vázquez Castro se une ás voces que aportan os compoñentes do grupo.
A produción de son correu a cargo de Ezequiel Orol, de Fuzz Audio Facilities, Daniel Díaz Trigo é o responsable das fotografías e o deseño gráfico, mentres Nerea Pallares escribiu evocadores textos para cada un dos temas.

A presentación oficial do disco terá lugar en Lugo o próximo día 22 de febreiro ás 20:00 no auditorio de Novacaixagalicia na Praza de Santa María.

ByMilesios

Mañá, 26 de decembro, concerto por Nicaragua

Mañá, día 26 de decembro, no Clavi, a partir das 22:30 horas, participaremos na cuarta edición dos Concertos por Nicaragua que organiza AXUNICA. Ademais de Milesios, poderedes escoitar tamén a Quique MuruáisAlupa Jazz, Jotinho’s e Rachel and The Blue Batons. Boa música por unha boa causa. Alí nos vemos!

ByMilesios

Positiva experiencia en Monterroso

Foi moi gratificante colaborar hoxe coa asociación ALIAD-ULTREIA e compartir escenario co grupo A PULSO. Moitas grazas a Roberto, Dani e Diego. Moitas grazas a todo o entregado público e ao persoal do centro.

ByMilesios

Este venres, Monterroso

Este venres 21 de setembro temos unha actuación moi especial. Estaremos no centro penitenciario de Monterroso, dentro das actividades lúdico-culturais do programa de preparación á liberdade da asociación ALIAD-ULTREIA. Estamos encantados de aportar o noso pequeno gran de arena ao magnífico traballo que esta asociación ven desenvolvendo desde hai anos.

ByMilesios

Moitas grazas, Porcía e Baiona

Foi unha delicia tocar acompañados por tan agradable público tanto en Porcía o sábado 25 como en Baiona o martes 28. Quedamos agradecidos e con ganas de volver.

ByMilesios

XXIX Noite Celta de Porcía: sábado 25 de agosto

O próximo sábado 25 de agosto, Milesios estará na alameda de Porcía nun dos festivais de música celta con máis historia.

ByMilesios

Moita festa onte en Cedeira

 Pasámolo ben onte en Cedeira, esperamos que todos disfrutasedes da festa.

 

ByMilesios

Este sábado 11, Cedeira

Xa comezamos a preparar o equipo para marchar a Cedeira. Mañá comezan as festas patronais e tócanos abrir o apartado musical. Está previsto comezar o concerto sobre as 22:30, na Praza do Sagrado Corazón. Moitas grazas ao Concello por confiar na nosa música.

Se queredes obter indicacións para chegar, podedes usar o seguinte mapa:


Visualizar o mapa ampliado

ByMilesios

Viva Pardiñas!

Moito disfrutamos onte no Festival de Pardiñas! Agradecemos á Asociación Xermolos que contasen con nós, e ao público que se volcase bailando e cantando durante todo o concerto, especialmente a ese grupo de incondicionais que nos animaban desde a primeira liña 😉

ByMilesios

Este sábado ás 22:00, Pardiñas. Sede puntuais!

Durante a tarde, podedes visitar a Mostra de artesáns de instrumentos musicais e a Mostra de artesanía. Ás sete da tarde celébrase a Carreira Popular, e ás nove e media da noite comeza a festa co Bloquiño de Xermolos. A continuación, ás dez da noite en punto, Milesios ofreceravos o máis escollido do seu repertorio para que pasedes uns bos momentos de música, baile e festa. E despois de Milesios aínda queda moita festa e moita música, como podedes ver no cartaz:

Para que non vos perdades e poidades calcular a vosa ruta, deixávosvos a continuación a situación do Festival de Pardiñas. Boa viaxe!


Visualizar o mapa ampliado