Blog

ByMilesios

III Festival celta máis pequeno do mundo

O próximo sábado 7 de xullo estaremos de novo na Casa do Fidalgo, no lugar do Machuco, parroquia de Bogo, concello da Pontenova. Convidámosvos a achegarvos e disfrutar desta festa popular na que cada un dos asistentes é o protagonista. Se nunca chegastes aló e non queredes perdervos, seguide as intrucións que dan na páxina da casa.

festival celta máis pequeno do mundo

ByMilesios

Suspéndese o III Certamen “Folk en la Sierra – FIS 2012”

A organización do III Certamen “Folk en la Sierra – FIS 2012” viuse na obriga de suspender a fase final do concurso no que participaba Milesios con outros cinco grupos. Esperamos que se poidan resolver os problemas económicos e visitemos Fregenal o ano que vén. Podedes ler máis no xornal Hoy Fregenal .

ByMilesios

Estaremos en Pardiñas

Xa podemos confirmar que este ano estaremos en Pardiñas. Imos realizar un esforzo pouco común, pois o día 3 de agosto estaremos no Folk en la Sierra de Fregenal de la Sierra, en Badaxoz, e ao día seguinte estaremos en Pardiñas: o día 4 de agosto ás 10 da noite. Estaremos acompañados de grandes músicos que seguramente vos gustarán: BLOQUINHO DE XERMOLOS, COETUS & ELISEO PARRA, KEPA JUNKERA, QUEMPALLOU e CUCHUFELLOS. Agardamos vervos alí a tod@s. Para aqueles que non teñan oportunidade de vernos antes, será a ocasión de escoitar o novo repertorio.

ByMilesios

Moita festa no Torreiro!

Grazas a todas e todos os que asististes á nosa actuación en Vigo. Pasámolo estupendamente na vosa compaña. Quedamos impresionados polo ambiente de festa, pola xente e o propio Torreiro, feito con moito traballo, cariño e bo gusto… Iso si, teremos que seguir practicando ao futbolín con normas viguesas :).

Milesios no Torreiro da Festa

ByMilesios

O Torreiro da festa

O día 1 de xuño estamos no Torreiro da Festa (Rogelio Abalde, 16 –  Churruca) en Vigo. Xa hai tempo que non visitamos Vigo e queremos agasallarvos con algunha peza de estrea. Agardamos que vos guste o concerto.

ByMilesios

Seleccionados para o FIS

Milesios é un dos seis grupos seleccionados para actuar os días 3 e 4 de agosto en Fregenal de la Sierra dentro da final do “III Certamen Folk en la Sierra – FIS 2012”. Moitas grazas ao xurado por confiar na nosa proposta musical. Alí estaremos!

ByMilesios

Tarde de festa na Casa das Cores

Moitas grazas ao marabilloso público que asistiu ao concerto de Milesios na Casa das Cores onte pola tarde. Todo foi agradable e entrañable en extremo. Grazas.

ByMilesios

Moitas grazas, Repi!

Menuda noite e menudo público na Repichoca! Moitas grazas a tod@s pola acollida… e xa estamos a prepararnos para hoxe ás 6 da tarde no Barrio da Ponte, en Lugo, na Casa das Cores.

ByMilesios

Fin de semana acústico

Este fin de semana que vén podedes ver a Milesios na Coruña e en Lugo nun formato acústico para nos adaptar aos locais en que actuamos. Comezaremos o sábado 24 ás 22:30 na Repichoca, Orillamar, 13, Coruña.

O domingo 25, día de san Lázaro, axudaremos a celebrar as festas do Barrio da Ponte con un concerto na Casa das Cores a partir das 18:00, unha hora estupenda para todos os públicos. Esperamos ademais que faga bo tempo para podermos desfrutar da terraza.

ByMilesios

Grazas, Mádia leva!

Estupenda festa de inauguración onte no Mádia Leva! Moitas grazas a tod@s!