Menuda noite e menudo público na Repichoca! Moitas grazas a tod@s pola acollida… e xa estamos a prepararnos para hoxe ás 6 da tarde no Barrio da Ponte, en Lugo, na Casa das Cores.
Este fin de semana que vén podedes ver a Milesios na Coruña e en Lugo nun formato acústico para nos adaptar aos locais en que actuamos. Comezaremos o sábado 24 ás 22:30 na Repichoca, Orillamar, 13, Coruña.
O domingo 25, día de san Lázaro, axudaremos a celebrar as festas do Barrio da Ponte con un concerto na Casa das Cores a partir das 18:00, unha hora estupenda para todos os públicos. Esperamos ademais que faga bo tempo para podermos desfrutar da terraza.
Estupenda festa de inauguración onte no Mádia Leva! Moitas grazas a tod@s!
O próximo sábado día 11 de febreiro axudaremos a inaugurar o novo centro social da Sociedade Cultural Mádia Leva! Está situado na rúa Serra de Ancares número 18, en Lugo. A festa comeza ás 20:30 cos Pinchacarneiros e continúa cos Milesios. Agardamos vervos a tod@s alí.
Pois nada máis sinxelo que premer na imaxe desta anotación, que te levará á páxina da TVG onde podes ver a nosa actuación no Luar do 13 de xaneiro de 2012. Terás a vantaxe de que ademais abrimos o programa dese día, así que só será comezar e ver os Milesios en plena actuación.
Claro que, se o prefires, sempre podes ver aqui mesmo o vídeo:
Este venres 13 de xaneiro, estaremos no Luar da Televisión de Galicia. O programa emítese entre as 22:00 e as 00:30. Podes vernos en directo premendo na seguinte imaxe, ou no propio visor desta anotación.
Subimos por fin un vídeo da nosa actuación no San Froilán. Moitas grazas de novo a todos os asistentes.
Para aqueles que non puidestes escoitar a nosa entrevista en directo no Folk in Trío da Cuac FM, deixamos aqui a gravación do programa. folkintrioprograma122milesios-cuacfm
Mañá venres presentamos a nosa maqueta no programa Folk in Trío da Cuac FM da Coruña. A entrevista será entre catro e cinco da tarde e incluso é posible que haxa algo de música en directo. Podedes escoitarnos premendo na imaxe desta anotación ;). Moitas grazas á Cuac FM!
Moitas grazas a todos os que acudistes onte a celebrar connosco o comezo do ano celta. E para aqueles que non puidestes vir, deixamos unha pequena mostra da nosa actuación.