Blog

ByMilesios

Gran noite na Farándula

A noite do venres, desfrutamos dunha marabillosa acollida na Farándula. Despois da actuación do coro de “O Guindastre” e o conxuro da queimada, o público animou desde o inicio do concerto coreando o nome do grupo e aplaudindo, ao tempo que contribuía ao éxito da festa con bailes e danzas. Grazas a todos: A Farándula, O Guindastre e o público, sen esquecer ao Valente esconxurador.

ByMilesios

A Farándula

Como inicio da mini-xira polo sur de Galiza, Milesios actuará o vindeiro 24 de setembro na sala A Farándula de Vigo. Será, segundo nos contan, unha noite moi completa na que haberá máis música aderezada con outros ingredientes de interese. Vémonos!

ByMilesios

Taberna Marrucho

taberna marruchoXa está confirmado! Milesios actuará na Taberna Marrucho de Baiona o próximo 22 de outubro. Agardamos ver por alí a todo o Val Miñor!

ByMilesios

Muiñeira de Ramelle e Muiño de Peizás

Dentro do repertorio interpretado por Milesios no XVI Rabafolc estaba esta peza formada por unha muiñeira tradicional e outra de Raúl Galego.

[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/nGUxiKUfbWk" width="425" height="350" wmode="transparent" /]

ByMilesios

XVI Rabafolc

Onte actuamos no XVI Rabafolc, no primeiro día das festas de Rábade. Tivemos a honra de abrir as festas despois do pregón de Jorge Coira, ante numeroso público e podemos dicir que disfrutamos da festa ata o último minuto.

Rabafolc

Queredes ver máis fotos do evento? Hai un bon número de boas fotos ena ciba de moi. Agradecemos a Moncho Vivero o seu labor de reporteiro gráfico, ao tempo que aproveitamos para recomendar a visita frecuente do seu blog, onde sempre se poden atopar ricos tesouros en imaxe.

Enlace de interese: a ciba de moi

ByMilesios

Próxima actuación no Rabafolc

A pesar do erro no cartel anunciador das festas de Rábade, somos todos os Milesios, e non só un, os que actuamos na décimo sexta edición do Rabafolc. Agardamos vervos a todos alí o próximo mércores 11 de agosto ás 21:00 horas.

ByMilesios

Toss the feathers

Unha das pezas interpretadas na Repichoca o día 28 foi esta popular melodía irlandesa:

[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/dkBzxx7MrNo" width="425" height="350" wmode="transparent" /]

ByMilesios

Noite de festa na Repichoca

Onte día 28 actuamos na Repichoca (r/ Orillamar, 13 , na Coruña). Un moi bo ambiente acompañounos desde o inicio e quedamos con ganas de continuar a troula durante máis tempo. Mágoa que tivésemos que regresar á nosa terra e traballar de mañá cedo.

Queremos agradecer o trato de recibido na nosa visita á Repichoca. Ale, Checha e Noa (por orde alfabética) e todo o público presente fixeron que nos sentísemos como na casa. E nada mellor que interpretar música na casa pero con unha cálida e agradecida acollida por parte dun numeroso grupo de persoas que desfrutan con esa música.

ByMilesios

A Repichoca

Mañá 28 de xullo, ás 23 horas, Milesios actúa no pub A Repichoca de Coruña. Trátase dunha actuación especial, en acústico, con percusión tradicional.

O repertorio que presentará o grupo inclue pezas tradicionais galegas e irlandesas.

Esperámosvos alí!

ByMilesios

A Penela Rock

O día 1 de agosto de 2009, dentro do programa do 4º Penela Rock, tivo lugar a primeira actuación de Milesios.