Blog

ByMilesios

Grazas…

… a todos os que viñestes á presentación do noso indoevindo. Até a próxima!!

ByMilesios

Indoevindo no Lubicán

O ciclo Lubicán comezará este ano 2017 co concerto de presentación do novo libro-disco de Milesios, acompañado das paisaxes que se repiten, sempre distintas indo e vindo, fotografiadas por Daniel Díaz Trigo.

 

ByMilesios

Presentamos indoevindo

O próximo venres 24 de febreiro presentamos en Lugo o noso novo disco: indoevindo. Será ás nove da noite na Casa do Saber (en fronte da fachada principal da catedral) e será un concerto especial no que presentaremos a nosa música e as fotografías de Daniel Díaz Trigo.

ByMilesios

Milesios en Lume na Palleira

O pasado domingo 12 de febreiro estivemos no programa Lume na palleira da Radio Galega Música, que dirixe Emilio Españadero. Moitas grazas por acollernos. Aqui vos deixamos a nosa entrevista.

ByMilesios

Queres facerte con un libro-CD indoevindo?

Xa dixemos que nas principais plataformas dixitais podes escoitar e descargar a música de indoevindo, pero se ademais queres facerte co libro-CD con fotografías de Daniel Díaz Trigo, podes asistir a un dos concertos que iremos anunciando ou compralo en Bandcamp.

libro-CD indoevindo

ByMilesios

Escoita Indoevindo en Bandcamp

ByMilesios

Indoevindo xa á venda.

Por fin temos nas nosas mans o noso novo disco indoevindo. A partir de agora podes contactar con nós via Internet ou nos concertos para adquirilo por 10€. Senón, tamén podes escoitalo nas plataformas Deezer, Spotify e AppleMusic ou descargalo en Amazon, iTunesStore e GooglePlayMusic. Non perdas a nosa entrevista do día 12 de febreiro en Lume na palleira, porque haberá un sorteo de 5 exemplares.

indoevindo: novo cd de milesios

ByMilesios

Presentación Indoevindo: 24 de febreiro na Casa do Saber

O próximo venres 24 de febreiro ás nove da noite presentarase o disco en Lugo, na Casa do Saber, dentro do programa de Lugo Cultural.

ByMilesios

Xa pouco queda, en breve teremos indoevindo nas mans!

Milesios e Daniel Díaz Trigo, Indoevindo

Vai rematando o mes, e en Milesios confiamos que pola Candeloria poidamos desfrutar dun libro-disco no que levamos traballando con Daniel Díaz Trigo desde o pasado verán.

O novo traballo de Milesios componse de 11 temas que queren ser un concerto itinerante. Despois destes once temas que conforman o concerto, atoparedes unha paisaxe sonora, creada sobre unha idea de Daniel Díaz, que evoca o noso ir e vir cotián e contén os ecos do concerto recén escoitado. Para finalizar o concerto, ofrecemos unhas xotas de propina. E como non hai xota sen muiñeira, tamén atoparedes unhas muiñeiras para rematar bailando.

En total, o CD contén case unha hora de música que se inserta na viaxe de ida e volta proposta nas imaxes de Daniel Díaz Trigo.

E en tanto non chega o libro-CD, que vos parece se o ides escoitando en Spotify?