Blog

ByMilesios

O Proxecto Neo entrevista a Milesios

Hoxe tivemos a honra de participar no programa de radio Proxecto Neo, do IES Perdouro de Burela en colaboración con Radio Burela. Un proxecto de innovación educativa que ten como protagonistas os neofalantes. Podedes escoitar o programa premendo na imaxe.

ByMilesios

Estaremos no Lubicán 2014

Este ano 2014 participaremos na sétima edición do ciclo Lubicán, que se enmarca na programación de Lugo Cultural, convenio entre a Universidade a Deputación e o Concello. O ciclo comeza o 20 de febreiro ao ritmo de unha actuación por mes, rematando o día 12 de xuño coa actuación de Milesios. Chegamos de volta de alén mar con esta actuación en Lugo na que interpretaremos temas xa presentes no noso CD e novos temas nos que levamos traballando uns meses.

ByMilesios

Entrevista en Radio Sant Boi

Moi agradecidos a Armando e Xulio polo seu interese en divulgar a nosa música.

ByMilesios

Festa grande, a festa dandi!

Desfrutamos onte na festa dandi… e ata levamos algún premio (pero que ghuapismo estabas, Senén!). Moitas grazas a tod@s!

ByMilesios

Parabéns Dani!

Nós xa sabiamos que era o mellor fotógrafo e deseñador gráfico, por iso lle encomendamos o deseño do noso CD Alén mar. Agora acaban de recoñecerllo co I Premio Galicia de Fotografía Contemporánea. Non deixedes de ver a súa visión da Terra Cha!

Que aínda non coñeces o noso CD? Achégate a un dos nosos concertos ou ponte en contacto con nós por correo electrónico.

ByMilesios

Unha noite única

Grazas a tod@s os que participastes no noso concerto onte á noite. Fixestes que desfrutáramos como nunca tocando en directo. Moitas grazas a Pilocha e a Marga, Marta, Jorge e David,  bailadores de A Volta do Agro. Vémonos!

ByMilesios

Volvemos ao San Froilán!

Será o luns día 7 de outubro ás 20:30 na Praza de Santa María e acompañados doutro excelente grupo lucense: Brath, así o anunciou onte a concelleira de cultura. Estaremos encantados de tocar en Lugo de novo, e nun escenario con tanta tradición folk como é o da Praza de Santa María. Continuaremos coa presentación do noso primeiro CD: Alén mar, mais haberá tamén novidades.

Agradecemos ao Concello de Lugo que conte con nós para a festa e agardamos vervos cantando e bailando con nós ese día!

ByMilesios

Músicas ao teu carón

Os membros de Milesios Xesús Villarino e Manuel María Veiga participaron onte no programa Músicas ao teu carón que organiza o Concello de Lugo. O numeroso público asistente desfrutou dunha boa selección de pezas galegas e irlandesas. Parabéns compañeiros!

ByMilesios

Moitas grazas, Leña Verde!

Moitas grazas a todas as persoas que vos achegastes a Mosteiro para desfrutar da marabillosa festa da Asociación Leña Verde. Que a sigan organizando moitos anos! … e nós e que o vexamos 😉