Será o luns día 7 de outubro ás 20:30 na Praza de Santa María e acompañados doutro excelente grupo lucense: Brath, así o anunciou onte a concelleira de cultura. Estaremos encantados de tocar en Lugo de novo, e nun escenario con tanta tradición folk como é o da Praza de Santa María. Continuaremos coa presentación do noso primeiro CD: Alén mar, mais haberá tamén novidades.
Agradecemos ao Concello de Lugo que conte con nós para a festa e agardamos vervos cantando e bailando con nós ese día!
Os membros de Milesios Xesús Villarino e Manuel María Veiga participaron onte no programa Músicas ao teu carón que organiza o Concello de Lugo. O numeroso público asistente desfrutou dunha boa selección de pezas galegas e irlandesas. Parabéns compañeiros!
Moitas grazas a todas as persoas que vos achegastes a Mosteiro para desfrutar da marabillosa festa da Asociación Leña Verde. Que a sigan organizando moitos anos! … e nós e que o vexamos 😉
Desfrutamos cada instante do Festival da Chaira onte, desde o aberto de Billarda ata o Som do Galpom… Moitas grazas!
Hoxe quedamos no Festival da Chaira, en Baltar, no concello da Pastoriza. Tod@s á festa!
Agradecemos a vosa presenza no Clavi onte pola noite para celebrar con nós o Día das Letras e asistirdes á presentación de Alén mar. Nós pasámolo de marabilla, desfrutando cada instante. Obrigados!