Despois dun ano da publicación do noso CD Cartografías, facemos o anuncio da publicación da súa versión en vinilo, con deseño, cuidadísimo coma sempre, de Daniel Díaz.
Xa o podedes mercar en Bandcamp, e na tenda do Arco Iris Musical en Lugo. Quen prefira pode agardar a mercalo o próximo 9 de agosto na Mosqueira, onde estaremos a participar no muralleando 2025.
