Bolao Folk

ByMilesios

Bolao Folk

Todo un pracer contar coa participación entusiasta do público no festival Bolao Folk de Cóbreces esta finde. A pesar da choiva continua, o público non cesou de bailar e dar palmas todo o concerto. Tamén un pracer compartir escenario con Mariu Torre, Corquiéu e La Tarrancha. Agradecidos á organización por contar con nós nesta cita.

MIlesios visita o Bolao

Milesios nos cantís do Bolao despois do Festival.

About the author

Milesios administrator

Milesios nace a comezos do verán de 2009. Un grupo de amigos reúnense para poñer a nota tradicional no Penela Rock, unha cita anual da comarca monfortina. Úneos o seu interese pola música tradicional galega e irlandesa. Desde esa data actuaron en numerosos festivais: Rabafolc 2010, Festival celta máis pequeno do mundo, San Froilán 2011, 2013, 2015 e 2017, Noite Celta de Porcía 2012, Pardiñas 2012, Festival 27373 2014, Festival da Chaira 2013 e 2018, Sons da Celtibéria 2017, compartindo escenario con grupos como Berrogüetto, Capercaillie, Coetus, Kepa Junquera, Pepe Vaamonde Grupo, Quempallou ou Tiruleque. Tamén tocaron en locais de música en directo, como A Repichoca de Coruña, Marrucho de Baiona ou Clavicémbalo de Lugo. En 2011 foron un dos 10 finalistas do Proxecto Runas do Festival de Ortigueira. En 2015, foron premiados no III Certamen “Folk en la Sierra – FIS 2012”, ex aequo con BOC, de Baleares, e Menaya de Soria.

Leave a Reply