Grazas polo apoio no Runas

ByMilesios

Grazas polo apoio no Runas

grazas polo apoio para o RunasQueremos agradecer unha vez máis o voso apoio votando para que esteamos en Ortigueira e queremos recordarvos que a votación non remata ata o día 23 de maio ás 18 horas, que hai aínda case unha semana de votación e que hai grupos que veñen moi forte detrás de nós, para non falar dos que xa nos pasaron hai uns días ;), así que xa sabedes… seguimos precisando do voso apoio ata o remate. A páxina bloqueará a IP só durante unhas horas, PODEDES VOTAR VARIAS VECES CADA DÍA :).

E se imos a Ortigueira… festa rachada no Sagitario en Castro R. de Lea. Seguídevos informando. Podedes seguirnos en Twitter, Facebook e neste blog. MILGRAZAS!

About the author

Milesios administrator

Milesios nace a comezos do verán de 2009. Un grupo de amigos reúnense para poñer a nota tradicional no Penela Rock, unha cita anual da comarca monfortina. Úneos o seu interese pola música tradicional galega e irlandesa. Desde esa data actuaron en numerosos festivais: Rabafolc 2010, Festival celta máis pequeno do mundo, San Froilán 2011, 2013, 2015 e 2017, Noite Celta de Porcía 2012, Pardiñas 2012, Festival 27373 2014, Festival da Chaira 2013 e 2018, Sons da Celtibéria 2017, compartindo escenario con grupos como Berrogüetto, Capercaillie, Coetus, Kepa Junquera, Pepe Vaamonde Grupo, Quempallou ou Tiruleque. Tamén tocaron en locais de música en directo, como A Repichoca de Coruña, Marrucho de Baiona ou Clavicémbalo de Lugo. En 2011 foron un dos 10 finalistas do Proxecto Runas do Festival de Ortigueira. En 2015, foron premiados no III Certamen “Folk en la Sierra – FIS 2012”, ex aequo con BOC, de Baleares, e Menaya de Soria.

1 Comment so far

MercePosted on1:09 a.m. - Mai 18, 2011

Debuxo orixinal…. 🙂

Comments are closed.