Indoevindo xa á venda.

ByMilesios

Indoevindo xa á venda.

Por fin temos nas nosas mans o noso novo disco indoevindo. A partir de agora podes contactar con nós via Internet ou nos concertos para adquirilo por 10€. Senón, tamén podes escoitalo nas plataformas Deezer, Spotify e AppleMusic ou descargalo en Amazon, iTunesStore e GooglePlayMusic. Non perdas a nosa entrevista do día 12 de febreiro en Lume na palleira, porque haberá un sorteo de 5 exemplares.

indoevindo: novo cd de milesios

About the author

Milesios administrator

Milesios nace a comezos do verán de 2009. Un grupo de amigos reúnense para poñer a nota tradicional no Penela Rock, unha cita anual da comarca monfortina. Úneos o seu interese pola música tradicional galega e irlandesa. Desde esa data actuaron en numerosos festivais: Rabafolc 2010, Festival celta máis pequeno do mundo, San Froilán 2011, 2013, 2015 e 2017, Noite Celta de Porcía 2012, Pardiñas 2012, Festival 27373 2014, Festival da Chaira 2013 e 2018, Sons da Celtibéria 2017, compartindo escenario con grupos como Berrogüetto, Capercaillie, Coetus, Kepa Junquera, Pepe Vaamonde Grupo, Quempallou ou Tiruleque. Tamén tocaron en locais de música en directo, como A Repichoca de Coruña, Marrucho de Baiona ou Clavicémbalo de Lugo. En 2011 foron un dos 10 finalistas do Proxecto Runas do Festival de Ortigueira. En 2015, foron premiados no III Certamen “Folk en la Sierra – FIS 2012”, ex aequo con BOC, de Baleares, e Menaya de Soria.

Leave a Reply