Milesios, en quinto lugar no Runas

ByMilesios

Milesios, en quinto lugar no Runas

ortigueiraHoxe publicouse a clasificación final do Proxecto Runas. Milesios, despois de quedar segundo clasificado na votación do público, con 5380 votos, situouse finalmente no posto quinto. Queremos agradecer de novo o apoio de todos os que nos votastes, e agradecer tamén a confianza do Xurado 1. Non estaremos en Ortigueira, pero agardamos vervos nas múltiples actuacións que teremos este verán: Balboa, Coruña, Baiona, Machuco (A Pontenova), Mondriz (Castro de Rei), e outras moitas aínda por confirmar.

About the author

Milesios administrator

Milesios nace a comezos do verán de 2009. Un grupo de amigos reúnense para poñer a nota tradicional no Penela Rock, unha cita anual da comarca monfortina. Úneos o seu interese pola música tradicional galega e irlandesa. Desde esa data actuaron en numerosos festivais: Rabafolc 2010, Festival celta máis pequeno do mundo, San Froilán 2011, 2013, 2015 e 2017, Noite Celta de Porcía 2012, Pardiñas 2012, Festival 27373 2014, Festival da Chaira 2013 e 2018, Sons da Celtibéria 2017, compartindo escenario con grupos como Berrogüetto, Capercaillie, Coetus, Kepa Junquera, Pepe Vaamonde Grupo, Quempallou ou Tiruleque. Tamén tocaron en locais de música en directo, como A Repichoca de Coruña, Marrucho de Baiona ou Clavicémbalo de Lugo. En 2011 foron un dos 10 finalistas do Proxecto Runas do Festival de Ortigueira. En 2015, foron premiados no III Certamen “Folk en la Sierra – FIS 2012”, ex aequo con BOC, de Baleares, e Menaya de Soria.