Tag ArchiveCasa do Fidalgo

ByMilesios

Festa grande no Machuco

Moitas grazas, Machuco! Todo foi delicioso coma sempre.

ByMilesios

Imos aló!

Xa logo chega a finde e estamos desexando ir ao Machuco de foliada…

ByMilesios

Recortes… de prensa

Agradecemos ao xornal El Progreso que se fixera eco da nosa participación no III Festival celta máis pequeno do mundo no seu suplemento Xente de aquí. E aproveitamos para lembrar que o próximo sábado 4 de agosto estaremos no Festival de Pardiñas, a cita obrigada do verán galego, como lembra SermosGaliza.

ByMilesios

Festa no Machuco… e mañá o Marrucho

Día intenso no Machuco. Chegamos alá para a sesión vermú e non paramos ata as 6 da mañá. Polo medio moita festa, comida, bebida, curtametraxes, e sobretodo unha gran acollida e cariño. Moitas grazas a Adelina, Matías e Monse e moitas grazas a Nela, Modesto, Constante, César, Tacho, Severo… e tod@s @s que nos axudastes a pasar un gran día.

… e xa estamos preparando a equipaxe para Baiona. Todo listo no Marru… Baiona agarda!

ByMilesios

III Festival celta máis pequeno do mundo

O próximo sábado 7 de xullo estaremos de novo na Casa do Fidalgo, no lugar do Machuco, parroquia de Bogo, concello da Pontenova. Convidámosvos a achegarvos e disfrutar desta festa popular na que cada un dos asistentes é o protagonista. Se nunca chegastes aló e non queredes perdervos, seguide as intrucións que dan na páxina da casa.

festival celta máis pequeno do mundo

ByMilesios

O retratista de Vilaeimil

Falamos na anterior anotación do ambiente musical do Festival celta máis pequeno e máis fermoso do mundo, e reservamos un espazo especial e distinto para o retratista de Vilaeimil, Vicente Ansola. Foi un pracer coñecer a este artista da fotografía e contemplar a súa exposición fotográfica na Casa do Fidalgo. Agradecemos, ademáis, o seu traballo durante o concerto. Amosamos nesta anotación unha das fotografías presentes na exposición e convidámosvos a visitar a súa web para coñecer o seu traballo.

ByMilesios

Milesios no Festival celta máis pequeno no mundo

Onte participamos no Festival celta máis pequeno do mundo, na Casa do Fidalgo, no lugar de Machuco, parroquia de Bogo, concello da Pontenova. Foron case vinte horas de música e festa nas que disfrutamos da marabillosa acollida de todos os asistentes ao Festival ademáis da estupenda hospitalidade de Matías, Montse e Adelina. Para completar un día perfecto, puidemos aprender de todos os grandes músicos alí congregados, novos e vellos, mais queremos citar especialmente a Vicente, César, Modesto, Desiderio e Nela.

milesios e o Montixo

ByMilesios

Casa do Fidalgo

O próximo sábado MILESIOS actúa na Casa do Fidalgo, en Machuco, concello da Pontenova. Podedes atopar indicacións de como chegar na propia páxina web da casa, no enlace que proporcionamos, ou premendo na imaxe da dereita nesta anotación. A actuación comezará en torno ás oito da tarde. Agardamos que todos os veciños e visitantes pasedes un rato agradable.