Tag Archivedisco

ByMilesios

…e como consigo Alén mar de Milesios?

Claro, xa pasou a presentación de Milesios e non puideches vir… non te agobies, temos un disco de Milesios que ten o teu nome escrito. Podes mercalo en calquera dos concertos da nosa xira de presentación por tan só 10 €. Pero se teimamos en facer os concertos xusto cando ti non podes vir, sempre podes pedirnos o CD por correo electrónico e recibirás o teu disco por correo ordinario, despois de ingresar 12 € na nosa conta. Sí, é algo máis caro, pero parece que o servizo de correos tamén quere gañar algo co noso CD. Vale a pena disfrutar do deseño do disco, unha gran obra de Daniel Díaz, así que che recomendamos que merques o disco físico. Non obstante, é moito máis doado escoitalo online ou baixar os mp3. Se esa é a opción que prefires, podes utilizar os servizos de itunes, amazon ou spotify.

                                

ByMilesios

Moitas grazas por nos acompañardes

Onte era un día ben importante para nós. Estabamos desexando presentar ao público o noso traballo destes últimos meses… e o público respondeu extraordinariamente á nosa convocatoria. Obrigados quedamos con cada un dos que asististes ao concerto e con cada un dos colaboradores.