Será ás oito da tarde na praza de Santa María. E para ir abrindo boca, aquí vos deixamos un breve resumo das nosas últimas actuacións.
En realidade han tocar os Milesios, pero non cabe dúbida que o feito de ser no Clavi vai contribuír a que sexa un gran concerto. Xa tocamos algunha outra vez e insistimos. Esperamos vervos a todos alí.
Este ano 2014 participaremos na sétima edición do ciclo Lubicán, que se enmarca na programación de Lugo Cultural, convenio entre a Universidade a Deputación e o Concello. O ciclo comeza o 20 de febreiro ao ritmo de unha actuación por mes, rematando o día 12 de xuño coa actuación de Milesios. Chegamos de volta de alén mar con esta actuación en Lugo na que interpretaremos temas xa presentes no noso CD e novos temas nos que levamos traballando uns meses.
Desfrutamos onte na festa dandi… e ata levamos algún premio (pero que ghuapismo estabas, Senén!). Moitas grazas a tod@s!
Grazas a tod@s os que participastes no noso concerto onte á noite. Fixestes que desfrutáramos como nunca tocando en directo. Moitas grazas a Pilocha e a Marga, Marta, Jorge e David, bailadores de A Volta do Agro. Vémonos!
Será o luns día 7 de outubro ás 20:30 na Praza de Santa María e acompañados doutro excelente grupo lucense: Brath, así o anunciou onte a concelleira de cultura. Estaremos encantados de tocar en Lugo de novo, e nun escenario con tanta tradición folk como é o da Praza de Santa María. Continuaremos coa presentación do noso primeiro CD: Alén mar, mais haberá tamén novidades.
Agradecemos ao Concello de Lugo que conte con nós para a festa e agardamos vervos cantando e bailando con nós ese día!
Agradecemos a vosa presenza no Clavi onte pola noite para celebrar con nós o Día das Letras e asistirdes á presentación de Alén mar. Nós pasámolo de marabilla, desfrutando cada instante. Obrigados!
Onte era un día ben importante para nós. Estabamos desexando presentar ao público o noso traballo destes últimos meses… e o público respondeu extraordinariamente á nosa convocatoria. Obrigados quedamos con cada un dos que asististes ao concerto e con cada un dos colaboradores.