Tag Archiveradio galega música

ByMilesios

Grazas a Lume na Palleira

Moitas grazas aos ouvintes de Lume na Palleira e a Emilio Españadero por seguir difundindo a nosa música.

lume na palleira

ByMilesios

Gravación de Lume na palleira

Se non puideches escoitar a entrevista de Milesios en Lume na palleira, podes facelo aquí mesmo: lume na palleira

ByMilesios

Lume na palleira

O próximo sábado 17 de setembro estaremos no programa Lume na palleira, da Radio Galega Música. O programa comeza ás catro da tarde e remata ás seis. Nós estaremos na segunda hora de programa. Agradecemos a Emilio Españadero o seu interese no noso grupo. Podedes escoitarnos na radio ou ben na internet, premendo na seguinte imaxe:

ByMilesios

Milesios no Planeta Furancho

O pasado 21 de xullo estivemos no Planeta Furancho, se queres escoitar o podcast do programa, preme na icona que está ao final do texto. Moitas grazas, Vituco! Milesios_no_Planeta_Furancho

ByMilesios

Planeta Furancho

Este xoves, día 21, imos á Radio. Aceptamos o amable convite de Vituco Neira e estaremos no Planeta Furancho na última hora do día, a partir das 23:00. Podes sintonizarnos en Radio Galega Música ou ben escoitarnos na Internet, para iso preme na seguinte imaxe e, unha vez na páxina da Radio Galega, volve a premer nunha imaxe igual ca esta