Un agasallo especial para un concerto especial

ByMilesios

Un agasallo especial para un concerto especial

O próximo día 1 de abril visitamos a casa-museo de Manuel María para ofrecermos, ás oito da tarde, un concerto no que presentaremos o noso novo libro-CD “indoevindo“. Para conmemorarmos esta visita, agasallaremos a cada un dos asistentes con unha fotografía orixinal de Daniel Díaz Trigo, das incluídas no libro-CD. Trátase dunha fotografía copiada con tintas pigmentadas en papel de conservación Hahnemühle Photo Rag Satin 310 g. De cada fotografía editouse unha tirada única de 25 exemplares en 10x15cm numerada e asinada polo autor.

About the author

Milesios administrator

Milesios nace a comezos do verán de 2009. Un grupo de amigos reúnense para poñer a nota tradicional no Penela Rock, unha cita anual da comarca monfortina. Úneos o seu interese pola música tradicional galega e irlandesa. Desde esa data actuaron en numerosos festivais: Rabafolc 2010, Festival celta máis pequeno do mundo, San Froilán 2011, 2013, 2015 e 2017, Noite Celta de Porcía 2012, Pardiñas 2012, Festival 27373 2014, Festival da Chaira 2013 e 2018, Sons da Celtibéria 2017, compartindo escenario con grupos como Berrogüetto, Capercaillie, Coetus, Kepa Junquera, Pepe Vaamonde Grupo, Quempallou ou Tiruleque. Tamén tocaron en locais de música en directo, como A Repichoca de Coruña, Marrucho de Baiona ou Clavicémbalo de Lugo. En 2011 foron un dos 10 finalistas do Proxecto Runas do Festival de Ortigueira. En 2015, foron premiados no III Certamen “Folk en la Sierra – FIS 2012”, ex aequo con BOC, de Baleares, e Menaya de Soria.

Leave a Reply