Vota a Milesios para Ortigueira!

ByMilesios

Vota a Milesios para Ortigueira!

Milesios pode ser un dos tres grupos seleccionados para participar no festival de ortigueira deste ano dentro do proxecto Runas. De momento, o grupo foi seleccionado con outros dez grupos para a segunda fase de selección, na que interveñen os internautas cos seus votos. Por iso vos pedimos que accedades á páxina Runas 2011 e votedes polo noso grupo. A votación limita a túa IP durante un tempo indefinido, pero non permanentemente, e está aberta ata o 23 de maio ás 18:00. É DICIR: PÓDESE VOTAR TODOS OS DÍAS ATA ESA DATA ;). Os votos dos internautas supoñen un voto nun xurado de 5 membros composto por músicos, técnicos e axentes musicais. Moitas grazas polo voso apoio! PODES VOTAR NO SEGUINTE ENDEREZO: http://ir.gl/fd8ab7

About the author

Milesios administrator

Milesios nace a comezos do verán de 2009. Un grupo de amigos reúnense para poñer a nota tradicional no Penela Rock, unha cita anual da comarca monfortina. Úneos o seu interese pola música tradicional galega e irlandesa. Desde esa data actuaron en numerosos festivais: Rabafolc 2010, Festival celta máis pequeno do mundo, San Froilán 2011, 2013, 2015 e 2017, Noite Celta de Porcía 2012, Pardiñas 2012, Festival 27373 2014, Festival da Chaira 2013 e 2018, Sons da Celtibéria 2017, compartindo escenario con grupos como Berrogüetto, Capercaillie, Coetus, Kepa Junquera, Pepe Vaamonde Grupo, Quempallou ou Tiruleque. Tamén tocaron en locais de música en directo, como A Repichoca de Coruña, Marrucho de Baiona ou Clavicémbalo de Lugo. En 2011 foron un dos 10 finalistas do Proxecto Runas do Festival de Ortigueira. En 2015, foron premiados no III Certamen “Folk en la Sierra – FIS 2012”, ex aequo con BOC, de Baleares, e Menaya de Soria.

16 Comments so far

EmilioPosted on9:50 a.m. - Mai 7, 2011

Espero que cheguedes a final e actuedes no festival.

XanPosted on10:01 a.m. - Mai 7, 2011

A por todas… ¡música celta!

TeresaPosted on10:15 a.m. - Mai 7, 2011

Un traballo precioso.

MARTA PAZPosted on10:22 a.m. - Mai 7, 2011

¡Arriba a música celta!

GarethPosted on12:32 p.m. - Mai 7, 2011

Well done Manuel sounds great!!!

Norberto LeivasPosted on2:48 p.m. - Mai 7, 2011

A música que liberades cos vosos instrumentos, atravesa a pel e toca no interior máis profundo.
Os meus parabéns!
Chegaredes ata o final.

QuimeraPosted on8:48 p.m. - Mai 7, 2011

Non ides nada mal no tema das votacións…ánimo! =)

eduPosted on10:14 p.m. - Mai 7, 2011

demostradelles o boso poderio

eduPosted on10:15 p.m. - Mai 7, 2011

demostradelles o voso poderio

LolyPosted on12:15 a.m. - Mai 9, 2011

Ánimo e á final!!

oscar sorianoPosted on8:20 p.m. - Mai 10, 2011

duro con ellos, que son pocos y cobardes

crisPosted on9:38 p.m. - Mai 10, 2011

milesios? por suposto que si!

JoaquínPosted on12:16 p.m. - Mai 12, 2011

voto por Milesios, quiero veros en Ortiguiera, e incluso escucharos.

RosaPosted on6:27 p.m. - Mai 12, 2011

voto para que Milesios estea no festival de Ortigueira

SaraPosted on7:46 p.m. - Mai 14, 2011

sois los mejores vais a ganar

Comments are closed.