Monthly ArchiveFebreiro 2018

ByMilesios

Novo videoclip!

Por fin, xa podedes ver o novo videoclip de Milesios para o noso segundo CD indoevindo. O tema elixido nesta ocasión é o Valse de Ribarteme, corte número 8 deste libro-CD no que Milesios pon a música e Daniel Díaz Trigo a fotografía.
A dirección e realización do videoclip correu a cargo de Sito Torres. Da edición e posprodución encargouse Edi Vieito, mentres os actores e a produción da ficción foron proporcionados por Márdea Producións.

ByMilesios

Agradecidos á xente da Arca da Noe

Tivemos unha acollida excepcional na Arca da Noe! Moitas grazas a todo o persoal e a todo o público. Desfrutamos do concerto e do posconcerto. Até a próxima!

ByMilesios

Tamén en Italia

Si. Tamén nos coñecen en Italia. Grazas a Alessandro Michelucci por presentar o noso traballo no número 249 da revista Cultura Commestibile.

ByMilesios

A Arca da Noe

Este sábado 24, día de Rosalía, hai xustamente un ano que presentamos en Lugo o noso último CD indoevindo, e queremos celebralo nun dos locais culturais de máis sona no país A Arca da Noe. Agardámosvos!