Noite de festa na Repichoca

ByMilesios

Noite de festa na Repichoca

Onte día 28 actuamos na Repichoca (r/ Orillamar, 13 , na Coruña). Un moi bo ambiente acompañounos desde o inicio e quedamos con ganas de continuar a troula durante máis tempo. Mágoa que tivésemos que regresar á nosa terra e traballar de mañá cedo.

Queremos agradecer o trato de recibido na nosa visita á Repichoca. Ale, Checha e Noa (por orde alfabética) e todo o público presente fixeron que nos sentísemos como na casa. E nada mellor que interpretar música na casa pero con unha cálida e agradecida acollida por parte dun numeroso grupo de persoas que desfrutan con esa música.

About the author

Milesios administrator

Milesios nace a comezos do verán de 2009. Un grupo de amigos reúnense para poñer a nota tradicional no Penela Rock, unha cita anual da comarca monfortina. Úneos o seu interese pola música tradicional galega e irlandesa. Desde esa data actuaron en numerosos festivais: Rabafolc 2010, Festival celta máis pequeno do mundo, San Froilán 2011, 2013, 2015 e 2017, Noite Celta de Porcía 2012, Pardiñas 2012, Festival 27373 2014, Festival da Chaira 2013 e 2018, Sons da Celtibéria 2017, compartindo escenario con grupos como Berrogüetto, Capercaillie, Coetus, Kepa Junquera, Pepe Vaamonde Grupo, Quempallou ou Tiruleque. Tamén tocaron en locais de música en directo, como A Repichoca de Coruña, Marrucho de Baiona ou Clavicémbalo de Lugo. En 2011 foron un dos 10 finalistas do Proxecto Runas do Festival de Ortigueira. En 2015, foron premiados no III Certamen “Folk en la Sierra – FIS 2012”, ex aequo con BOC, de Baleares, e Menaya de Soria.