O espazo do gaiteiro

ByMilesios

O espazo do gaiteiro

espazo do gaiteiroO noso amigo e veciño M. Lorenzo, gaiteiro chairego, acaba de comezar un blog persoal que pretende favorecer a comunicación entre os músicos de Galiza para conseguir un intercambio de pezas e coñecementos que contribúa á difusión da cultura musical da nosa terra. Milesios queremos contribuír a esta difusión con esta anotación no noso blog e coa inauguración da nosa lista de ligazóns. Boa sorte na tarefa, compañeiro!

About the author

Milesios administrator

Milesios nace a comezos do verán de 2009. Un grupo de amigos reúnense para poñer a nota tradicional no Penela Rock, unha cita anual da comarca monfortina. Úneos o seu interese pola música tradicional galega e irlandesa. Desde esa data actuaron en numerosos festivais: Rabafolc 2010, Festival celta máis pequeno do mundo, San Froilán 2011, 2013, 2015 e 2017, Noite Celta de Porcía 2012, Pardiñas 2012, Festival 27373 2014, Festival da Chaira 2013 e 2018, Sons da Celtibéria 2017, compartindo escenario con grupos como Berrogüetto, Capercaillie, Coetus, Kepa Junquera, Pepe Vaamonde Grupo, Quempallou ou Tiruleque. Tamén tocaron en locais de música en directo, como A Repichoca de Coruña, Marrucho de Baiona ou Clavicémbalo de Lugo. En 2011 foron un dos 10 finalistas do Proxecto Runas do Festival de Ortigueira. En 2015, foron premiados no III Certamen “Folk en la Sierra – FIS 2012”, ex aequo con BOC, de Baleares, e Menaya de Soria.

1 Comment so far

M. LorenzoPosted on10:12 p.m. - Xan 10, 2011

Agradézovos que vos interesedes por este novo proxecto que estou a levar a cabo, este é un traballo no que temos que participar todos, aqueles que esteades interesados en participar pódedes contactar conmigo nesta dirección para que volas publique no blog “gaiteiromencer@gmail.com”.
En resumo moitas gracias compañeiros de Milesios.
Un saúdo

Comments are closed.