Actuación de Milesios na palloza de Perdigón en Piornedo o 12 de abril de 2025.

A acollida que tivemos en Piornedo non podía ser mellor, tanto por parte da asociación Teitos de Piornedo como por todo o público que se achegou ata a palloza de Perdigón. Gozamos dunha noite (e madrugada) marabillosa e aínda tivemos tempo de facer a andaina da ruta das papoulas, preciosísima. Moi recomendables as andainas que organiza Piornedo Anda.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *