Tag Archiveentrevista

ByMilesios

Entrevista en san.froi.land

Antes do noso concerto de San Froilán, os amigos de http://san.froi.land fixéronnos unha longa entrevista da que entresacaron estes momentos estelares:

 

ByMilesios

O Proxecto Neo entrevista a Milesios

Hoxe tivemos a honra de participar no programa de radio Proxecto Neo, do IES Perdouro de Burela en colaboración con Radio Burela. Un proxecto de innovación educativa que ten como protagonistas os neofalantes. Podedes escoitar o programa premendo na imaxe.

ByMilesios

Entrevista en Radio Sant Boi

Moi agradecidos a Armando e Xulio polo seu interese en divulgar a nosa música.

ByMilesios

Entrevista en Folk in Trío

Para aqueles que non puidestes escoitar a nosa entrevista en directo no Folk in Trío da Cuac FM, deixamos aqui a gravación do programa. folkintrioprograma122milesios-cuacfm

ByMilesios

Folk in Trío

Mañá venres presentamos a nosa maqueta no programa Folk in Trío da Cuac FM da Coruña. A entrevista será entre catro e cinco da tarde e incluso é posible que haxa algo de música en directo. Podedes escoitarnos premendo na imaxe desta anotación ;). Moitas grazas á Cuac FM!

ByMilesios

Gravación de Lume na palleira

Se non puideches escoitar a entrevista de Milesios en Lume na palleira, podes facelo aquí mesmo: lume na palleira

ByMilesios

Milesios no Planeta Furancho

O pasado 21 de xullo estivemos no Planeta Furancho, se queres escoitar o podcast do programa, preme na icona que está ao final do texto. Moitas grazas, Vituco! Milesios_no_Planeta_Furancho

ByMilesios

Planeta Furancho

Este xoves, día 21, imos á Radio. Aceptamos o amable convite de Vituco Neira e estaremos no Planeta Furancho na última hora do día, a partir das 23:00. Podes sintonizarnos en Radio Galega Música ou ben escoitarnos na Internet, para iso preme na seguinte imaxe e, unha vez na páxina da Radio Galega, volve a premer nunha imaxe igual ca esta