Tag ArchiveLugo

ByMilesios

Milesios lanza o seu primeiro disco

O grupo de música celta Milesios acaba de publicar o seu primeiro disco, titulado Alén mar. Fiel á súa traxectoria, o disco contén obras tradicionais e obras compostas polo grupo. A peza que dá nome ao disco, Alén mar, é unha das primeiras composicións do grupo e fai referencia á viaxe que os Milesios fixeron hai miles de anos desde as costas de Galiza cara Irlanda. Neste primeiro traballo, o grupo introduce por primeira vez a voz en dúas das catorce pezas que compoñen o disco. Unha das pezas cantadas constitúe a versión musical dun poema de Darío Xohán Cabana e, para a súa interpretación, Milesios conta coa colaboración especial de Pilocha Martínez. A outra peza cantada é un tema tradicional no que Carolina Vázquez Castro se une ás voces que aportan os compoñentes do grupo.
A produción de son correu a cargo de Ezequiel Orol, de Fuzz Audio Facilities, Daniel Díaz Trigo é o responsable das fotografías e o deseño gráfico, mentres Nerea Pallares escribiu evocadores textos para cada un dos temas.

A presentación oficial do disco terá lugar en Lugo o próximo día 22 de febreiro ás 20:00 no auditorio de Novacaixagalicia na Praza de Santa María.

ByMilesios

Mañá, 26 de decembro, concerto por Nicaragua

Mañá, día 26 de decembro, no Clavi, a partir das 22:30 horas, participaremos na cuarta edición dos Concertos por Nicaragua que organiza AXUNICA. Ademais de Milesios, poderedes escoitar tamén a Quique MuruáisAlupa Jazz, Jotinho’s e Rachel and The Blue Batons. Boa música por unha boa causa. Alí nos vemos!

ByMilesios

Estaremos en Pardiñas

Xa podemos confirmar que este ano estaremos en Pardiñas. Imos realizar un esforzo pouco común, pois o día 3 de agosto estaremos no Folk en la Sierra de Fregenal de la Sierra, en Badaxoz, e ao día seguinte estaremos en Pardiñas: o día 4 de agosto ás 10 da noite. Estaremos acompañados de grandes músicos que seguramente vos gustarán: BLOQUINHO DE XERMOLOS, COETUS & ELISEO PARRA, KEPA JUNKERA, QUEMPALLOU e CUCHUFELLOS. Agardamos vervos alí a tod@s. Para aqueles que non teñan oportunidade de vernos antes, será a ocasión de escoitar o novo repertorio.

ByMilesios

Tarde de festa na Casa das Cores

Moitas grazas ao marabilloso público que asistiu ao concerto de Milesios na Casa das Cores onte pola tarde. Todo foi agradable e entrañable en extremo. Grazas.

ByMilesios

Fin de semana acústico

Este fin de semana que vén podedes ver a Milesios na Coruña e en Lugo nun formato acústico para nos adaptar aos locais en que actuamos. Comezaremos o sábado 24 ás 22:30 na Repichoca, Orillamar, 13, Coruña.

O domingo 25, día de san Lázaro, axudaremos a celebrar as festas do Barrio da Ponte con un concerto na Casa das Cores a partir das 18:00, unha hora estupenda para todos os públicos. Esperamos ademais que faga bo tempo para podermos desfrutar da terraza.

ByMilesios

Grazas, Mádia leva!

Estupenda festa de inauguración onte no Mádia Leva! Moitas grazas a tod@s!

ByMilesios

Este sábado no Mádia Leva!

O próximo sábado día 11 de febreiro axudaremos a inaugurar o novo centro social da Sociedade Cultural Mádia Leva! Está situado na rúa Serra de Ancares número 18, en Lugo. A festa comeza ás 20:30 cos Pinchacarneiros e continúa cos Milesios. Agardamos vervos a tod@s alí.

ByMilesios

Actuación de San Froilán

Subimos por fin un vídeo da nosa actuación no San Froilán. Moitas grazas de novo a todos os asistentes.

ByMilesios

Cambio de lugar

O concerto que Milesios ofrecerá hoxe dentro das actividades que organiza a Concellería de cultura para celebrar o Samaín cambia de lugar. Debido á previsión de choiva pola tarde-noite, o concerto terá lugar ás once da noite nos xardíns da Deputación, na rúa de S. Marcos. Agardamos vervos alí!

ByMilesios

Samaín

Dentro dos actos que a Concellería de Cultura do Concello de Lugo organizará para festexar o Samaín nos próximos días, Milesios ofrecerá un concerto na Praza da Soidade o luns 31 de outubro ás once da noite. Convidamos a todos a participar desta festa da colleita e do inicio do ano, entre outras cousas…