O concerto que Milesios ofrecerá hoxe dentro das actividades que organiza a Concellería de cultura para celebrar o Samaín cambia de lugar. Debido á previsión de choiva pola tarde-noite, o concerto terá lugar ás once da noite nos xardíns da Deputación, na rúa de S. Marcos. Agardamos vervos alí!
Dentro dos actos que a Concellería de Cultura do Concello de Lugo organizará para festexar o Samaín nos próximos días, Milesios ofrecerá un concerto na Praza da Soidade o luns 31 de outubro ás once da noite. Convidamos a todos a participar desta festa da colleita e do inicio do ano, entre outras cousas…
Grazas a todas as persoas que enchestes onte a Praza da Horta do Seminario e nos fixestes pasar unha noite inesquecible. Moitas grazas tamén polos vosos comentarios en Facebook e nas redes sociais.