A pasada semana, Milesios pechouse no local de ensaio con moitos ánimos e certos víveres para gravar cinco temas para unha maqueta. Despois de moitas horas de duro traballo, e isto non é nengunha metáfora, conseguimos facer algo audible. Nos próximos días será enviada a un estudo profesional para a mestura e masterización, pero para que vos vaiades facendo unha idea do que pode ser, ofrecémosvos a posibilidade de escoitar uns segundos da peza de composición propia Flooktuacións. Agardamos que vos guste. Non dubidedes en deixar comentarios sobre o que escoitades!
Unha das pezas que acompañan a Milesios desde os inicios é esta Muiñeira de Bartolo, tradicional da zona do Eo-Navia, seguida dun reel irlandés que leva por título The Old Copperplate. No vídeo podemos ver a interpretación desta peza no club Clavicémbalo de Lugo o pasado 7 de abril.
Moitas grazas a tod@s @s que acudistes á nosa primeira cita na cidade de Lugo. Grazas a AENDA, ao Clavicémbalo e grazas especialmente a Ezequiel, que realizou un magnífico traballo técnico. Agardamos vermonos axiña.