Agradecemos a vosa presenza no Clavi onte pola noite para celebrar con nós o Día das Letras e asistirdes á presentación de Alén mar. Nós pasámolo de marabilla, desfrutando cada instante. Obrigados!
Non podía ser mellor a acollida na illa! Foi chegar e atopar quen nos levase directos ao Moucho, montamos, probamos e despois dun pequeno descanso para picar algo… gran festa con un público excelente que animou a noite en todo momento. Moitas grazas a Nelo, Guille e tod@s @s presentes.
Este sábado 4 de maio, a partir das 23:55 estaremos no Con do Moucho, na illa de Arousa, presentando o noso CD Alén mar.