O próximo día 17 de maio sairá por fin á luz o noso terceiro traballo discográfico, titulado Cartografías. Nesta nova viaxe milésica seguimos percorrendo lugares de Italia, Bretaña, Irlanda e, por suposto, Galiza. Seguen a ser melodías tradicionais arranxadas polo grupo e tamén algunhas composicións propias.
A partir desa data, podedes descargar as pezas ou o CD completo en todas as plataformas, pero tamén poderedes pedir o CD físico utilizando Bandcamp ou a nosa web.
A presentación oficial do disco terá lugar o próximo 8 de xuño na casa-museo de Manuel María, en Outeiro de Rei.