Queres gañar un pack de Milesios (CD Indoevindo + bolsa Indoevindo + camisola + CD Alén Mar)? Participa no noso concurso indoevindo: envíanos a túa versión do vídeo de presentación do disco e participarás no sorteo! 🙂
Podes deixar o vídeo no noso muro de facebook ou enviárnolo por calquera outro medio. Animádevos a participar!
Onte pasámolo xenial compartindo música e baile na Repichoca para presentarmos o noso libro-CD indoevindo. Fica presentado e ben acollido. Moitas grazas aos que participastes da repichoca e a aqueles que comprastes o CD. E se non puidestes asistir, alí quedaron algúns exemplares por se o queredes conseguir.