Días de gravación

ByMilesios

Días de gravación

A pasada semana, Milesios pechouse no local de ensaio con moitos ánimos e certos víveres para gravar cinco temas para unha maqueta. Despois de moitas horas de duro traballo, e isto non é nengunha metáfora, conseguimos facer algo audible.  Nos próximos días será enviada a un estudo profesional para a mestura e masterización, pero para que vos vaiades facendo unha idea do que pode ser, ofrecémosvos a posibilidade de escoitar uns segundos da peza de composición propia Flooktuacións. Agardamos que vos guste. Non dubidedes en deixar comentarios sobre o que escoitades!

About the author

Milesios administrator

Milesios nace a comezos do verán de 2009. Un grupo de amigos reúnense para poñer a nota tradicional no Penela Rock, unha cita anual da comarca monfortina. Úneos o seu interese pola música tradicional galega e irlandesa. Desde esa data actuaron en numerosos festivais: Rabafolc 2010, Festival celta máis pequeno do mundo, San Froilán 2011, 2013, 2015 e 2017, Noite Celta de Porcía 2012, Pardiñas 2012, Festival 27373 2014, Festival da Chaira 2013 e 2018, Sons da Celtibéria 2017, compartindo escenario con grupos como Berrogüetto, Capercaillie, Coetus, Kepa Junquera, Pepe Vaamonde Grupo, Quempallou ou Tiruleque. Tamén tocaron en locais de música en directo, como A Repichoca de Coruña, Marrucho de Baiona ou Clavicémbalo de Lugo. En 2011 foron un dos 10 finalistas do Proxecto Runas do Festival de Ortigueira. En 2015, foron premiados no III Certamen “Folk en la Sierra – FIS 2012”, ex aequo con BOC, de Baleares, e Menaya de Soria.

1 Comment so far

MaríaPosted on11:47 p.m. - Abr 28, 2011

Estupenda a gravación. Noraboa

Comments are closed.