A nosa xira “Lume novo” continuou onte por terras da Coruña, no local A Repichoca.
Dá gusto tocar para un público tan festeiro e agradecido nun local que vive a música e a cultura propias. Pasámolo de marabilla na Repichoca! Ata prontiño.
En realidade han tocar os Milesios, pero non cabe dúbida que o feito de ser no Clavi vai contribuír a que sexa un gran concerto. Xa tocamos algunha outra vez e insistimos. Esperamos vervos a todos alí.
Xa podedes ver a segunda entrega do resumo do noso concerto en Ribadeo. Grazas a Sonacustic polo magnífico traballo co son e as luces e tamén a todos os que participastes connosco bailando, cantando e pasándoo ben.
O día 30 de agosto, ás 12 da noite, estaremos no Cantón dos Moreno, en pleno centro de Ribadeo, animando as festas patronais da localidade… Se andades pola Mariña estes días non deixedes de achegarvos para cantar e bailar con nós… prometemos moitas novidades 😉
Parabéns a tod@s @s membr@s da Asociación Castiñeiro Milenario de Begonte pola magnífica organización da terceira edición do Festival 27373. Sentímonos acollidos con afecto e foi un pracer tocar para un público tan agradecido e na compaña de excelentes músicos como Tiruleque e Ruxe-Ruxe.
O próximo día nove de agosto ás nove da noite comezará a nosa actuación no Festival 27373 que organiza a Asociación Castiñeiro Milenario de Begonte, mais agardamos vervos alí xa no festival de día.
Moitas grazas aos ouvintes de Lume na Palleira e a Emilio Españadero por seguir difundindo a nosa música.
Estamos desexando que chegue o día! O próximo día 9 de agosto estaremos no clube fluvial de Begonte… e non seremos nós sós… vai ser unha festa á que vale a pena ir, como todo o que organizan os de Castiñeiro Milenario .