Foi unha delicia tocar na palleira da casa de Hortas, en Outeiro de Rei. Moitas grazas a todos os asistentes, que colaborastes para que a festa fose todo un éxito. Moitas grazas, tamén, á Fundación Manuel María por contaren con nós. Vémonos axiña indoevindo por Galiza adiante.