Tag Archivealen mar

ByMilesios

O Proxecto Neo entrevista a Milesios

Hoxe tivemos a honra de participar no programa de radio Proxecto Neo, do IES Perdouro de Burela en colaboración con Radio Burela. Un proxecto de innovación educativa que ten como protagonistas os neofalantes. Podedes escoitar o programa premendo na imaxe.

ByMilesios

Fin de semana radiofónica

O próximo venres 12 de abril, entre 4 e 5 da tarde, estaremos no programa Folk in trío da Cuac FM, a radio comunitaria da Coruña, e o domingo, entre 11 e 12 da mañá visitaremos o programa Somos quen, da Radio Galega. Podedes escoitar os programas en directo premendo nas imaxes de abaixo.

PODCAST de FOLK IN TRIO 12-04-2013

 

ByMilesios

De volta do Marrucho

Pois xa estamos de volta da arribada. Despois dunha noite de presentación de Alén mar no Marrucho, hoxe comemos algo de choripán, empanada, tortilla, marruchos, tamén bebemos algo e desfrutamos da festa. De novo moitas grazas, Baiona!

ByMilesios

…e como consigo Alén mar de Milesios?

Claro, xa pasou a presentación de Milesios e non puideches vir… non te agobies, temos un disco de Milesios que ten o teu nome escrito. Podes mercalo en calquera dos concertos da nosa xira de presentación por tan só 10 €. Pero se teimamos en facer os concertos xusto cando ti non podes vir, sempre podes pedirnos o CD por correo electrónico e recibirás o teu disco por correo ordinario, despois de ingresar 12 € na nosa conta. Sí, é algo máis caro, pero parece que o servizo de correos tamén quere gañar algo co noso CD. Vale a pena disfrutar do deseño do disco, unha gran obra de Daniel Díaz, así que che recomendamos que merques o disco físico. Non obstante, é moito máis doado escoitalo online ou baixar os mp3. Se esa é a opción que prefires, podes utilizar os servizos de itunes, amazon ou spotify.

                                

ByMilesios

Moitas grazas por nos acompañardes

Onte era un día ben importante para nós. Estabamos desexando presentar ao público o noso traballo destes últimos meses… e o público respondeu extraordinariamente á nosa convocatoria. Obrigados quedamos con cada un dos que asististes ao concerto e con cada un dos colaboradores.

ByMilesios

Milesios lanza o seu primeiro disco

O grupo de música celta Milesios acaba de publicar o seu primeiro disco, titulado Alén mar. Fiel á súa traxectoria, o disco contén obras tradicionais e obras compostas polo grupo. A peza que dá nome ao disco, Alén mar, é unha das primeiras composicións do grupo e fai referencia á viaxe que os Milesios fixeron hai miles de anos desde as costas de Galiza cara Irlanda. Neste primeiro traballo, o grupo introduce por primeira vez a voz en dúas das catorce pezas que compoñen o disco. Unha das pezas cantadas constitúe a versión musical dun poema de Darío Xohán Cabana e, para a súa interpretación, Milesios conta coa colaboración especial de Pilocha Martínez. A outra peza cantada é un tema tradicional no que Carolina Vázquez Castro se une ás voces que aportan os compoñentes do grupo.
A produción de son correu a cargo de Ezequiel Orol, de Fuzz Audio Facilities, Daniel Díaz Trigo é o responsable das fotografías e o deseño gráfico, mentres Nerea Pallares escribiu evocadores textos para cada un dos temas.

A presentación oficial do disco terá lugar en Lugo o próximo día 22 de febreiro ás 20:00 no auditorio de Novacaixagalicia na Praza de Santa María.

ByMilesios

Alén mar

Queremos deixar no noso blog unha mostra da nosa actuación nas festas da Fonsagrada. Agardamos que disfrutedes da nosa viaxe alén mar, a viaxe dos Milesios a Irlanda.

ByMilesios

Xa temos maqueta!

Xa dixeramos hai tempo que os Milesios estabamos a preparar a nosa primeira maqueta. Pois ben, tras un tempo de masterización que deixamos en mans profesionais, xa temos o produto listo e andámolo a distribuír alá onde actuamos. Contén cinco temas, algúns de composición propia e outros extraídos do repertorio tradicional galego ou irlandés. A gravación e a edición foi toda made in feita na casa con moito agarimo e ilusión. E só custa catro euros!!

Se queres saber como soa a nosa música podes descargar dous dos cinco temas da maqueta gratis premendo nesta ligazón ou na imaxe que colocamos na marxe esquerda do blogue.

Esperamos que vos guste!!