Xa temos maqueta!

ByMilesios

Xa temos maqueta!

Xa dixeramos hai tempo que os Milesios estabamos a preparar a nosa primeira maqueta. Pois ben, tras un tempo de masterización que deixamos en mans profesionais, xa temos o produto listo e andámolo a distribuír alá onde actuamos. Contén cinco temas, algúns de composición propia e outros extraídos do repertorio tradicional galego ou irlandés. A gravación e a edición foi toda made in feita na casa con moito agarimo e ilusión. E só custa catro euros!!

Se queres saber como soa a nosa música podes descargar dous dos cinco temas da maqueta gratis premendo nesta ligazón ou na imaxe que colocamos na marxe esquerda do blogue.

Esperamos que vos guste!!

About the author

Milesios administrator

Milesios nace a comezos do verán de 2009. Un grupo de amigos reúnense para poñer a nota tradicional no Penela Rock, unha cita anual da comarca monfortina. Úneos o seu interese pola música tradicional galega e irlandesa. Desde esa data actuaron en numerosos festivais: Rabafolc 2010, Festival celta máis pequeno do mundo, San Froilán 2011, 2013, 2015 e 2017, Noite Celta de Porcía 2012, Pardiñas 2012, Festival 27373 2014, Festival da Chaira 2013 e 2018, Sons da Celtibéria 2017, compartindo escenario con grupos como Berrogüetto, Capercaillie, Coetus, Kepa Junquera, Pepe Vaamonde Grupo, Quempallou ou Tiruleque. Tamén tocaron en locais de música en directo, como A Repichoca de Coruña, Marrucho de Baiona ou Clavicémbalo de Lugo. En 2011 foron un dos 10 finalistas do Proxecto Runas do Festival de Ortigueira. En 2015, foron premiados no III Certamen “Folk en la Sierra – FIS 2012”, ex aequo con BOC, de Baleares, e Menaya de Soria.