Como inicio da mini-xira polo sur de Galiza, Milesios actuará o vindeiro 24 de setembro na sala A Farándula de Vigo. Será, segundo nos contan, unha noite moi completa na que haberá máis música aderezada con outros ingredientes de interese. Vémonos!
Xa está confirmado! Milesios actuará na Taberna Marrucho de Baiona o próximo 22 de outubro. Agardamos ver por alí a todo o Val Miñor!
Dentro do repertorio interpretado por Milesios no XVI Rabafolc estaba esta peza formada por unha muiñeira tradicional e outra de Raúl Galego.
[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/nGUxiKUfbWk" width="425" height="350" wmode="transparent" /]
Onte actuamos no XVI Rabafolc, no primeiro día das festas de Rábade. Tivemos a honra de abrir as festas despois do pregón de Jorge Coira, ante numeroso público e podemos dicir que disfrutamos da festa ata o último minuto.
Queredes ver máis fotos do evento? Hai un bon número de boas fotos ena ciba de moi. Agradecemos a Moncho Vivero o seu labor de reporteiro gráfico, ao tempo que aproveitamos para recomendar a visita frecuente do seu blog, onde sempre se poden atopar ricos tesouros en imaxe.
Enlace de interese: a ciba de moi
A pesar do erro no cartel anunciador das festas de Rábade, somos todos os Milesios, e non só un, os que actuamos na décimo sexta edición do Rabafolc. Agardamos vervos a todos alí o próximo mércores 11 de agosto ás 21:00 horas.