Esta fin de semana andamos atarefados. O próximo sábado 19 de setembro estaremos en Celeiro de Mariñaos participando no Festival ao son do Masma… e moi ben acompañados por certo. Agardamos ver aló a todos os da contorna.
O próximo día 18 de setembro participaremos no quinto Festival Romaría que organiza a Asociación Catalmibre do Burgo. Será despois da homenaxe a Santiago Pardo Boga, un dos fundadores da Asociación organizadora, e acompañados do grupo Chiculate de Ferrol.