O día 1 de xuño estamos no Torreiro da Festa (Rogelio Abalde, 16 – Churruca) en Vigo. Xa hai tempo que non visitamos Vigo e queremos agasallarvos con algunha peza de estrea. Agardamos que vos guste o concerto.
Milesios é un dos seis grupos seleccionados para actuar os días 3 e 4 de agosto en Fregenal de la Sierra dentro da final do “III Certamen Folk en la Sierra – FIS 2012”. Moitas grazas ao xurado por confiar na nosa proposta musical. Alí estaremos!