Monthly ArchiveXullo 2018

ByMilesios

Obrigados, Friestas!

Foi un pracer participarmos nos Serões n’Aldeia da Freguesia de Friestas. Agradecidos ao público e á organización.

ByMilesios

Vaia finde!

Comezamos con un sábado festeiro no Festival da Chaira e rematamos na paradisíaca contorna do Eido Dourado.

 

ByMilesios

Serões n’Aldeia

O último domingo do mes de xullo visitaremos Friestas, no distrito de Valença do Minho. A actuación comezará ás 22:30.

ByMilesios

Eido Dourado

O próximo domingo 22 de xullo, participamos no ciclo “Sons no solpor” que organiza Celso Dourado no museo “Eido Dourado”, na praia da Pasada, San Miguel de Reinante.

ByMilesios

Festival da Chaira

Este sábado 21 de xullo, a partir das dez da noite estaremos en Baltar, Pastoriza, no festival que organiza a Asociación Cultural A Chaínza.

ByMilesios

Despedida

Foi un pracer poder acoller no clan milésico á harpista internacional Elaine Brown durante todo un ano. Aínda que agora teñamos que despedirnos, esperamos que nos volvamos encontrar noutras ocasións. Ata sempre e boa sorte!