Monthly ArchiveAgosto 2011

ByMilesios

Festas de Fonsagrada

O próximo venres día 9 de setembro ás nove e media da noite, Milesios toca na Fonsagrada. Agardamos vermos a todas e todos alí. A festa complétase con Pepe Vaamonde Grupo e unha queimada con conxuro e espectáculo a cargo de Queiman. Podedes consultar o programa completo das festas na páxina do concello.

ByMilesios

Baiona, coma sempre, especial!

Moitas grazas ao público que encheu onte a Praza do Concello de Baiona, a pesar da grande competencia que supuña a final da supercopa, programada á mesma hora. Moitas grazas tamén a todos os asistentes que decidiron levar algo da nosa música para a casa. Grazas tamén, especialmente, a Javi, que fixo un magnífico traballo na mesa de misturas.

ByMilesios

O próximo mércores estamos no Baiverán

Dentro da progración de verán do concello de Baiona, Milesios estará na praza do Concello o próximo mércores 17 de agosto a partir das 11 da noite. Agardamos vervos a tod@s alí.

ByMilesios

Milesios no Planeta Furancho

O pasado 21 de xullo estivemos no Planeta Furancho, se queres escoitar o podcast do programa, preme na icona que está ao final do texto. Moitas grazas, Vituco! Milesios_no_Planeta_Furancho