A organización do III Certamen “Folk en la Sierra – FIS 2012” viuse na obriga de suspender a fase final do concurso no que participaba Milesios con outros cinco grupos. Esperamos que se poidan resolver os problemas económicos e visitemos Fregenal o ano que vén. Podedes ler máis no xornal Hoy Fregenal .
Xa podemos confirmar que este ano estaremos en Pardiñas. Imos realizar un esforzo pouco común, pois o día 3 de agosto estaremos no Folk en la Sierra de Fregenal de la Sierra, en Badaxoz, e ao día seguinte estaremos en Pardiñas: o día 4 de agosto ás 10 da noite. Estaremos acompañados de grandes músicos que seguramente vos gustarán: BLOQUINHO DE XERMOLOS, COETUS & ELISEO PARRA, KEPA JUNKERA, QUEMPALLOU e CUCHUFELLOS. Agardamos vervos alí a tod@s. Para aqueles que non teñan oportunidade de vernos antes, será a ocasión de escoitar o novo repertorio.
Grazas a todas e todos os que asististes á nosa actuación en Vigo. Pasámolo estupendamente na vosa compaña. Quedamos impresionados polo ambiente de festa, pola xente e o propio Torreiro, feito con moito traballo, cariño e bo gusto… Iso si, teremos que seguir practicando ao futbolín con normas viguesas :).