Hoxe publicouse a clasificación final do Proxecto Runas. Milesios, despois de quedar segundo clasificado na votación do público, con 5380 votos, situouse finalmente no posto quinto. Queremos agradecer de novo o apoio de todos os que nos votastes, e agradecer tamén a confianza do Xurado 1. Non estaremos en Ortigueira, pero agardamos vervos nas múltiples actuacións que teremos este verán: Balboa, Coruña, Baiona, Machuco (A Pontenova), Mondriz (Castro de Rei), e outras moitas aínda por confirmar.
O próximo venres día 3 de xuño, Milesios actúa na Palloza de Chis, en Balboa (O Bierzo), dentro da Festa de solidaridade co pobo Mapuche que organiza Aukaché. A festa comeza ás 21:30 e a organización pide un donativo solidario de 3€ para o pobo Mapuche. Mais información.
GRAZAS A TOD@S @S QUE VOTASTES PARA FACER POSIBLE QUE MILESIOS VAIA A ORTIGUEIRA. Agora só queda agardar a decisión do xurado, que será publicada na web do festival o día 31 de maio.
O xornal “El Progreso” publica hoxe na páxina 18 da súa edición impresa unha reportaxe sobre o grupo Milesios. Tamén se pode acceder á información na súa edición dixital.
Queremos agradecer unha vez máis o voso apoio votando para que esteamos en Ortigueira e queremos recordarvos que a votación non remata ata o día 23 de maio ás 18 horas, que hai aínda case unha semana de votación e que hai grupos que veñen moi forte detrás de nós, para non falar dos que xa nos pasaron hai uns días ;), así que xa sabedes… seguimos precisando do voso apoio ata o remate. A páxina bloqueará a IP só durante unhas horas, PODEDES VOTAR VARIAS VECES CADA DÍA :).
E se imos a Ortigueira… festa rachada no Sagitario en Castro R. de Lea. Seguídevos informando. Podedes seguirnos en Twitter, Facebook e neste blog. MILGRAZAS!
Magnífica noite de festa na Illa. Grazas a tod@s @s presentes e grazas ao Con do Moucho! Con xente así é doado pensar en volver a visitarvos, ainda que sexa longo o camiño desde a Chaira.
O próximo luns 16 de maio, ás 12 da noite, comezando xa o Día das Letras, estaremos no Con do moucho, na illa de Arousa. Estamos moi ilusionados coa actuación neste local emblemático e nesta data sinalada, e agardamos que disfrutedes da nosa música.
Por outra banda, lembrámosvos que ata o día 23 de maio seguimos no proceso de votación do Proxecto Runas para ser seleccionados para o Festival de Ortigueira. Moitas grazas ao Con do moucho pola súa colaboración na votación http://ir.gl/fd8ab7.
Milesios pode ser un dos tres grupos seleccionados para participar no festival de ortigueira deste ano dentro do proxecto Runas. De momento, o grupo foi seleccionado con outros dez grupos para a segunda fase de selección, na que interveñen os internautas cos seus votos. Por iso vos pedimos que accedades á páxina Runas 2011 e votedes polo noso grupo. A votación limita a túa IP durante un tempo indefinido, pero non permanentemente, e está aberta ata o 23 de maio ás 18:00. É DICIR: PÓDESE VOTAR TODOS OS DÍAS ATA ESA DATA ;). Os votos dos internautas supoñen un voto nun xurado de 5 membros composto por músicos, técnicos e axentes musicais. Moitas grazas polo voso apoio! PODES VOTAR NO SEGUINTE ENDEREZO: http://ir.gl/fd8ab7