Foi para nós un concerto especial. Unha fin de xira perfecta para o noso disco “indoevindo” e serviu de presentación tamén do que será o noso novo disco que celebra os dez anos de Milesios. Moitas grazas!
Onte estivemos por Vilalba, con Malvela e a Companhia do Ruído, pechando o concurso de cantos de Taberna. Agradecidos ao público e á organización.
Todo un pracer contar coa participación entusiasta do público no festival Bolao Folk de Cóbreces esta finde. A pesar da choiva continua, o público non cesou de bailar e dar palmas todo o concerto. Tamén un pracer compartir escenario con Mariu Torre, Corquiéu e La Tarrancha. Agradecidos á organización por contar con nós nesta cita.
Foi un pracer participarmos nos Serões n’Aldeia da Freguesia de Friestas. Agradecidos ao público e á organización.
Comezamos con un sábado festeiro no Festival da Chaira e rematamos na paradisíaca contorna do Eido Dourado.
O último domingo do mes de xullo visitaremos Friestas, no distrito de Valença do Minho. A actuación comezará ás 22:30.
O próximo domingo 22 de xullo, participamos no ciclo “Sons no solpor” que organiza Celso Dourado no museo “Eido Dourado”, na praia da Pasada, San Miguel de Reinante.
Este sábado 21 de xullo, a partir das dez da noite estaremos en Baltar, Pastoriza, no festival que organiza a Asociación Cultural A Chaínza.
O 19 de abril estaremos no Clavi apoiando á Asociación da Síndrome Wolf-Hirschhorn. A gala benéfica comeza ás 22:30. Vémonos!