Monthly ArchiveXullo 2011

ByMilesios

Moitas grazas, Mondriz!!

Moitas grazas a toda a parroquia de Mondriz e a todos os convidados e forasteiros que se achegaron onte ao concerto de Milesios e participaron activamente no concerto. Grazas especialmente a Nazaré, Elba, Fátima e Emilio que quixeron colaborar desde o escenario.

ByMilesios

Xa temos maqueta!

Xa dixeramos hai tempo que os Milesios estabamos a preparar a nosa primeira maqueta. Pois ben, tras un tempo de masterización que deixamos en mans profesionais, xa temos o produto listo e andámolo a distribuír alá onde actuamos. Contén cinco temas, algúns de composición propia e outros extraídos do repertorio tradicional galego ou irlandés. A gravación e a edición foi toda made in feita na casa con moito agarimo e ilusión. E só custa catro euros!!

Se queres saber como soa a nosa música podes descargar dous dos cinco temas da maqueta gratis premendo nesta ligazón ou na imaxe que colocamos na marxe esquerda do blogue.

Esperamos que vos guste!!

ByMilesios

Planeta Furancho

Este xoves, día 21, imos á Radio. Aceptamos o amable convite de Vituco Neira e estaremos no Planeta Furancho na última hora do día, a partir das 23:00. Podes sintonizarnos en Radio Galega Música ou ben escoitarnos na Internet, para iso preme na seguinte imaxe e, unha vez na páxina da Radio Galega, volve a premer nunha imaxe igual ca esta

ByMilesios

O 25 de xullo toca Mondriz

O día de Santiago tocamos en Mondriz, o noso lugar de nacemento e ensaio. Será aproximadamente á unha e media do mediodía na sesión vermú da festa. Moitas grazas aos ramistas por confiar nos da parroquia. Agardamos que todos os de Mondriz e os convidados o pasen ben con nós, estamos desexando que chegue o día.

ByMilesios

O retratista de Vilaeimil

Falamos na anterior anotación do ambiente musical do Festival celta máis pequeno e máis fermoso do mundo, e reservamos un espazo especial e distinto para o retratista de Vilaeimil, Vicente Ansola. Foi un pracer coñecer a este artista da fotografía e contemplar a súa exposición fotográfica na Casa do Fidalgo. Agradecemos, ademáis, o seu traballo durante o concerto. Amosamos nesta anotación unha das fotografías presentes na exposición e convidámosvos a visitar a súa web para coñecer o seu traballo.

ByMilesios

Milesios no Festival celta máis pequeno no mundo

Onte participamos no Festival celta máis pequeno do mundo, na Casa do Fidalgo, no lugar de Machuco, parroquia de Bogo, concello da Pontenova. Foron case vinte horas de música e festa nas que disfrutamos da marabillosa acollida de todos os asistentes ao Festival ademáis da estupenda hospitalidade de Matías, Montse e Adelina. Para completar un día perfecto, puidemos aprender de todos os grandes músicos alí congregados, novos e vellos, mais queremos citar especialmente a Vicente, César, Modesto, Desiderio e Nela.

milesios e o Montixo

ByMilesios

Casa do Fidalgo

O próximo sábado MILESIOS actúa na Casa do Fidalgo, en Machuco, concello da Pontenova. Podedes atopar indicacións de como chegar na propia páxina web da casa, no enlace que proporcionamos, ou premendo na imaxe da dereita nesta anotación. A actuación comezará en torno ás oito da tarde. Agardamos que todos os veciños e visitantes pasedes un rato agradable.

ByMilesios

No Marrucho, como na casa

Efectivamente, non só Breo, todos os Milesios nos sentimos como na casa tocando no Marrucho. Moitas grazas a tod@s @s que vos achegastes para participar na nosa actuación e moitas grazas ao persoal do Marrucho pola estupenda atención.