Agradecemos ao xornal El Progreso que se fixera eco da nosa participación no III Festival celta máis pequeno do mundo no seu suplemento Xente de aquí. E aproveitamos para lembrar que o próximo sábado 4 de agosto estaremos no Festival de Pardiñas, a cita obrigada do verán galego, como lembra SermosGaliza.
Non podía ser menos, volvemos a sentirnos na casa no Marrucho. Moitas grazas a tod@s pola vosa complicidade e apoio, polo voso entusiasmo acompañándonos coa voz… Grazas
Día intenso no Machuco. Chegamos alá para a sesión vermú e non paramos ata as 6 da mañá. Polo medio moita festa, comida, bebida, curtametraxes, e sobretodo unha gran acollida e cariño. Moitas grazas a Adelina, Matías e Monse e moitas grazas a Nela, Modesto, Constante, César, Tacho, Severo… e tod@s @s que nos axudastes a pasar un gran día.
… e xa estamos preparando a equipaxe para Baiona. Todo listo no Marru… Baiona agarda!
O próximo sábado 7 de xullo estaremos de novo na Casa do Fidalgo, no lugar do Machuco, parroquia de Bogo, concello da Pontenova. Convidámosvos a achegarvos e disfrutar desta festa popular na que cada un dos asistentes é o protagonista. Se nunca chegastes aló e non queredes perdervos, seguide as intrucións que dan na páxina da casa.