O próximo día 1 de abril visitamos a casa-museo de Manuel María para ofrecermos, ás oito da tarde, un concerto no que presentaremos o noso novo libro-CD “indoevindo“. Para conmemorarmos esta visita, agasallaremos a cada un dos asistentes con unha fotografía orixinal de Daniel Díaz Trigo, das incluídas no libro-CD. Trátase dunha fotografía copiada con tintas pigmentadas en papel de conservación Hahnemühle Photo Rag Satin 310 g. De cada fotografía editouse unha tirada única de 25 exemplares en 10x15cm numerada e asinada polo autor.
O sábado 1 de abril, Milesios abre un novo ciclo dos Concertos na Intimidade, “de corazón a corazón”, no auditorio da Casa-Museo Manuel María. Para nós é un concerto especial e agradeceríamos a vosa presenza nese auditorio único. A partir das 20 horas presentaremos os temas do noso máis recente traballo, Indoevindo. Nel poñemos música ao poema de Manuel María Anceio, do poemario Advento (1954).
Desfrutamos onte tocando en Castroverde no local da asociación “A chave das noces”. Tivemos unha excelente acollida por parte dos membros da asociación e tamén por parte dos visitantes, que bailaron as nosas pezas. Moitas grazas!
O próximo venres 24 de marzo, ás dez da noite, presentamos o noso disco “indoevindo” no Centro social e Asociación cultural “A chave das noces” (Castroverde).
Moitas grazas ás persoas que asistiron á presentación do noso “indoevindo” na II Feira do libro e o disco galego en Monterroso. Moitas grazas tamén a aquelas persoas que compraron o noso libro-CD para poder desfrutar das fotografías de Daniel Díaz Trigo e a nosa música. Vémonos na próxima!
Onte estivemos de novo pola Radio Galega. Desta vez, cos amigos do programa Somos quen. Se non puidestes escoitarnos, sempre podedes acceder ao podcast.
Presentamos indoevindo na II Feira do disco e o libro galego de Monterroso o próximo sábado 18 de marzo ás 19:15.