O próximo venres 30 de xuño tocamos no Club Clavicémbalo, en Lugo. Será dentro do III Tradilucus que organiza a sala e teremos algúns convidados especiais.
O certo é que hai tempo que tiñamos ganas de tocar en Castro, así que foi un pracer presentar indoevindo na Casa da Cultura. Grazas aos que vos achegastes ao concerto, grazas a Gaia Pandeireteirxs pola súa participación no evento e grazas a Daniel Díaz Trigo polo traballo realizado e pola foto que ilustra este artigo.
O próximo sábado día 17, Daniel Díaz Trigo e os Milesios presentamos o noso libro-CD indoevindo na Casa da Cultura de Castro de Ribeiras de Lea.
Nesta ocasión, estaremos acompañados polos amigos de Gaia Pandeiretereirxs. O concerto comezará ás oito da tarde e a entrada é de balde ata completar o aforo.
O acto conta coa colaboración do Concello de Castro de Rei.