Category Archiveactuacións

ByMilesios

Mañá tocamos no San Froilán

Será ás oito da tarde na praza de Santa María. E para ir abrindo boca, aquí vos deixamos un breve resumo das nosas últimas actuacións.

ByMilesios

Ao son do Masma

Esta fin de semana andamos atarefados. O próximo sábado 19 de setembro estaremos en Celeiro de Mariñaos participando no Festival ao son do Masma… e moi ben acompañados por certo. Agardamos ver aló a todos os da contorna.

masma

ByMilesios

Festival Romaría Catalmibre

O próximo día 18 de setembro participaremos no quinto Festival Romaría que organiza a Asociación Catalmibre do Burgo. Será despois da homenaxe a Santiago Pardo Boga, un dos fundadores da Asociación organizadora, e acompañados do grupo Chiculate de Ferrol.

catalmibre

ByMilesios

Por fin o FIS 2012!

O próximo día 8 de agosto hase celebrar, finalmente, a fase final do III Certamen “Folk en la Sierra – FIS 2012”. Será a partir das 12 da noite no Paseo da Constitución de Fregenal de la Sierra, provincia de Badaxoz. Ademais de Milesios, están clasificados para esta final Menaya Folk, de Castela e León e BOC das Illas Baleares. Inicialmente concorreron ao certame 30 grupos, dos cales foron seleccionados seis, mais tan só tres grupos participarán na final a causa dos adiamentos consecutivos.

Fis

ByMilesios

Que público máis marabilloso nos xardíns!

Agradecemos enormemente a vosa presenza no noso concerto de onte cantando e bailando con nós. Especialmente tendo en conta todos os problemas que ocasionou o cambio horario e a limitación de aforo. Vémonos no próximo concerto!

xardins2

ByMilesios

Grazas, AC O Amanexo!

Moi agradecidos a todas as persoas da AC O Amanexo por todas as vosas atencións. Parabéns pola organización da festa. Seguide así!

amanexo3

ByMilesios

De festa na Repichoca

A nosa xira “Lume novo” continuou onte por terras da Coruña, no local A Repichoca.

Dá gusto tocar para un público tan festeiro e agradecido nun local que vive a música e a cultura propias. Pasámolo de marabilla na Repichoca! Ata prontiño.

Milesios na Repichoca 17-04-2015

ByMilesios

Este sábado toca O Clavi

En realidade han tocar os Milesios, pero non cabe dúbida que o feito de ser no Clavi vai contribuír a que sexa un gran concerto. Xa tocamos algunha outra vez e insistimos. Esperamos vervos a todos alí.

Cartel Clavi2

ByMilesios

Domingo 22: SALASON de Cangas

Este domingo que vén andaremos por Cangas. Agardámosvos!

Celtic Visions, Milesios no Salason, 22-03-2015

Celtic Visions (JM Parrado) a partir da foto de Daniel Díaz, Milesios no Salason

ByMilesios

Milesios en Ribadeo (I)

Para todos aqueles que non puidestes asistir ao noso concerto de Ribadeo, estamos facendo un resumo cos vídeos que imos conseguindo. Aí vos vai a primeira entrega.