Tag Archiveactuación

ByMilesios

Feira do viño de Vilachá

Agardámosvos o próximo 30 de abril ás nove e media da noite na Feira do viño de Vilachá (A Pobra de Brollón).

feira-vilacha

ByMilesios

Mañá tocamos no San Froilán

Será ás oito da tarde na praza de Santa María. E para ir abrindo boca, aquí vos deixamos un breve resumo das nosas últimas actuacións.

ByMilesios

Ao son do Masma

Esta fin de semana andamos atarefados. O próximo sábado 19 de setembro estaremos en Celeiro de Mariñaos participando no Festival ao son do Masma… e moi ben acompañados por certo. Agardamos ver aló a todos os da contorna.

masma

ByMilesios

Grazas, AC O Amanexo!

Moi agradecidos a todas as persoas da AC O Amanexo por todas as vosas atencións. Parabéns pola organización da festa. Seguide así!

amanexo3

ByMilesios

De festa na Repichoca

A nosa xira “Lume novo” continuou onte por terras da Coruña, no local A Repichoca.

Dá gusto tocar para un público tan festeiro e agradecido nun local que vive a música e a cultura propias. Pasámolo de marabilla na Repichoca! Ata prontiño.

Milesios na Repichoca 17-04-2015

ByMilesios

Este sábado toca O Clavi

En realidade han tocar os Milesios, pero non cabe dúbida que o feito de ser no Clavi vai contribuír a que sexa un gran concerto. Xa tocamos algunha outra vez e insistimos. Esperamos vervos a todos alí.

Cartel Clavi2

ByMilesios

Este sábado tocamos en Ribadeo

evento_ribadeo

O día 30 de agosto, ás 12 da noite, estaremos no Cantón dos Moreno, en pleno centro de Ribadeo, animando as festas patronais da localidade… Se andades pola Mariña estes días non deixedes de achegarvos para cantar e bailar con nós… prometemos moitas novidades 😉

cartaz_ribadeo

ByMilesios

Parabéns, Castiñeiro Milenario!

Parabéns a tod@s @s membr@s da Asociación Castiñeiro Milenario de Begonte pola magnífica organización da terceira edición do Festival 27373. Sentímonos acollidos con afecto e foi un pracer tocar para un público tan agradecido e na compaña de excelentes músicos como Tiruleque e Ruxe-Ruxe.

blog

ByMilesios

Xa logo chega o Festival 27373!

Estamos desexando que chegue o día! O próximo día 9 de agosto estaremos no clube fluvial de Begonte… e non seremos nós sós… vai ser unha festa á que vale a pena ir, como todo o que organizan os de Castiñeiro Milenario .

ByMilesios

Moitas grazas!

Non podemos máis que agradecer a calorosa participación de todo o público que onte encheu a Casa do Saber para escoitar o noso concerto de volta de alén mar.