Xa pouco queda, en breve teremos indoevindo nas mans!

ByMilesios

Xa pouco queda, en breve teremos indoevindo nas mans!

Milesios e Daniel Díaz Trigo, Indoevindo

Vai rematando o mes, e en Milesios confiamos que pola Candeloria poidamos desfrutar dun libro-disco no que levamos traballando con Daniel Díaz Trigo desde o pasado verán.

O novo traballo de Milesios componse de 11 temas que queren ser un concerto itinerante. Despois destes once temas que conforman o concerto, atoparedes unha paisaxe sonora, creada sobre unha idea de Daniel Díaz, que evoca o noso ir e vir cotián e contén os ecos do concerto recén escoitado. Para finalizar o concerto, ofrecemos unhas xotas de propina. E como non hai xota sen muiñeira, tamén atoparedes unhas muiñeiras para rematar bailando.

En total, o CD contén case unha hora de música que se inserta na viaxe de ida e volta proposta nas imaxes de Daniel Díaz Trigo.

E en tanto non chega o libro-CD, que vos parece se o ides escoitando en Spotify?

About the author

Milesios administrator

Milesios nace a comezos do verán de 2009. Un grupo de amigos reúnense para poñer a nota tradicional no Penela Rock, unha cita anual da comarca monfortina. Úneos o seu interese pola música tradicional galega e irlandesa. Desde esa data actuaron en numerosos festivais: Rabafolc 2010, Festival celta máis pequeno do mundo, San Froilán 2011, 2013, 2015 e 2017, Noite Celta de Porcía 2012, Pardiñas 2012, Festival 27373 2014, Festival da Chaira 2013 e 2018, Sons da Celtibéria 2017, compartindo escenario con grupos como Berrogüetto, Capercaillie, Coetus, Kepa Junquera, Pepe Vaamonde Grupo, Quempallou ou Tiruleque. Tamén tocaron en locais de música en directo, como A Repichoca de Coruña, Marrucho de Baiona ou Clavicémbalo de Lugo. En 2011 foron un dos 10 finalistas do Proxecto Runas do Festival de Ortigueira. En 2015, foron premiados no III Certamen “Folk en la Sierra – FIS 2012”, ex aequo con BOC, de Baleares, e Menaya de Soria.